Thursday 25 de April de 2024

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Berdeogas, no concello de Dumbría


A actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nos treitos deste río coincidentes coa parroquia de Santiago de Berdeoagas
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Berdeoagas, no municipio de Dumbría.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido pola parroquia de Santiago de Berdeogas.

As tarefas que se están a realizar forman parte dos traballos de mantemento destes tramos, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.